Viaxando ao corazón dun sistema de produción tradicional...

Granxa Artesanal Cima de Vila

Imaxe dun galo propiedade de Luis Freire
Imaxe nas instalacións
Imaxe galiña de mos e os seus pitos

martes, 26 de mayo de 2015

Un pouco de historia

A presenza das galiñas na nosa comunidade ten a súa orixe na civilización dos celtas. Evidentemente co paso do tempo e das civilizacións chegouse a unha situación de coexistencia, segundo Santos Arán (1920) de dous tipos de galiñas: a da costa e interior (máis voluminosa e pesada) e a da montaña.

galiña nas instalacións de SuegosCoa creación da Estación Pecuaria Rexional de Lugo no ano 1935, daríase lugar aos inicios para a selección e uniformidade da raza. Segundo a documentación o responsable foi Blas Martínez Inda e os ovos para o devandito proceso adquiríronse na parroquia de San Xulián de Mos (que é a que lle dá o nome á raza), pertencente ao municipio de Castro de Rei, Lugo.

A partir do ano 1942 a raza experimentou un grande impulso na súa divulgación, grazas ao bo facer do veterinario Juan Rof Codina e aos estudos realizados. Chegando a caer marabillados ante a calidade da raza prestixiosos autores como D. Salvador Castelló Carreras ou D. César Ajenjo Cecilia.

Pero na década dos anos sesenta a súa situación sufriu un cambio como consecuencia da evolución industrial, xa que se pasaba a unha avicultura que desexaba razas moi especializadas que lle permitisen alcanzar crecementos espectaculares. Froito dese proceso case se chega a transpasar a liña que suporía á sua extinción.

Pero afortunadamente ademais de ser unha das razas máis belas e exquisitas, hoxe en día converteuse nun dos iconos máis representativos do noso carácter artesanal galego. Máis que unha carne, a raza mos foi (é e será) un pracer para os sentidos.

            
Nesta páxina úsanse cookies de terceiros co fin de poder mellorar a través da análise da navegación. Se continuas navegando implicará que aceptas o uso das devanditas cookies. Máis información
Imaxen de Avimos Imagen de BOAGA