Viaxando ao corazón dun sistema de produción tradicional...

Granxa Artesanal Cima de Vila

Imaxe dun galo propiedade de Luis Freire
Imaxe nas instalacións
Imaxe galiña de mos e os seus pitos

A nosa raza mos vs industriais

Por que son tan diferentes os nosos galos e os industriais? O seu sabor e propiedades son únicos:

1. No referente ás partes nobres (zancos, contrazancos, peitugas e ás) ofrécenlle un alto rendemento. Isto en gran parte débese a que son exemplares que gozan de plena liberdade e de que por se é unha raza con moita mobilidade.

2. Pola graxa non se ten que preocupar, xa que se presenta en niveis baixos. Ademais ten a consideración de alta calidade e é recomendada para a saúde debido á alta proporción de ácidos graxos poliinsaturados, omega 3 e omega 6.

3. Esta carne tamén contén unha elevada calidade de proteína e mioglobina, polo que estaría a achegar unha salientable cantidade de ferro á súa dieta.

4.Trátase dunha carne tenra e luminosa, que polas súas características soporta moi ben a conxelación durante meses.

5. En canto á proporción de carne consumible é completamente superior á dos galos industriais, dado que a pel e os ósos teñen un peso bastante inferior.

6. Algo que provén dunha terra lendaria, máxica e verde como a nosa, cuxa produción é moi limitada, que é criado con esforzo e cariño... non cres que paga a pena descubrilo?

Ver “Estudo comparativo das características produtivas e organolépticas dos galos Mos fronte a unha estirpe comercial”

No hay comentarios:

Nesta páxina úsanse cookies de terceiros co fin de poder mellorar a través da análise da navegación. Se continuas navegando implicará que aceptas o uso das devanditas cookies. Máis información
Imaxen de Avimos Imagen de BOAGA